ESCRITOS


31/5/12

Dous Poemas





A VERLAINE









 Dos teus beizos profundos e roxos
saíu unha alma encanecida
E preguntas, Que foi daquela paixón?

O sul, mostra o máis recóndito de ti
Gotas dunha amarga chuvia
que secan o teu corazón.

Paseas por o gran bulevar
baixo o sombreado tapiz 
de múltiples flores
e grandes árbores, doce solitaria!




I

Principiaba a esquecer
o longo bico do teu amor

Principiaba a esquecer
aquelas lenes caricias
o teu quedo olor.

Pero
foi increibel o baño de esperanza
d'outro día

Aquela tarde eu esperaba,
tras a empañada fiestra,
o pálido reflexo do teu rostro
o teu doce ollar.




-Norberto-

3 comentarios:

  1. Grazas por eses intres nos que aínda eramos neófitos da palabra xogando a ser poetas e tratando de aprehender novos camiños. Ti es sen dubida desas persoas que máis teñen influído en min, impulsor do meu paso cara a lingua nai e, sobre todo, á reflexión e a auto-critica: sempre é mellor indagar no poema até intentar alcanzar a perfección que perder-se na mediocridade dunha obra non traballada.

    ResponderEliminar
  2. De un beso nace un bello poema.

    Muy tiernas y sinceras palabras, Norberto.

    Muchas gracias por visitarme y dejar huella.

    Abrazos de mariposa!!!

    ResponderEliminar
  3. después, aprisionaba aires
    escuálidos
    sin prisa
    y no pudieron huirme mariposas de gratitud
    libando estos posts, tan dulce prenda!!!

    ResponderEliminar