ESCRITOS


31/5/12

Dous Poemas





A VERLAINE









 Dos teus beizos profundos e roxos
saíu unha alma encanecida
E preguntas, Que foi daquela paixón?

O sul, mostra o máis recóndito de ti
Gotas dunha amarga chuvia
que secan o teu corazón.

Paseas por o gran bulevar
baixo o sombreado tapiz 
de múltiples flores
e grandes árbores, doce solitaria!




I

Principiaba a esquecer
o longo bico do teu amor

Principiaba a esquecer
aquelas lenes caricias
o teu quedo olor.

Pero
foi increibel o baño de esperanza
d'outro día

Aquela tarde eu esperaba,
tras a empañada fiestra,
o pálido reflexo do teu rostro
o teu doce ollar.




-Norberto-