tag:blogger.com,1999:blog-5438894754597275035.post1980071733678007120..comments2023-04-17T13:01:42.308+02:00Comments on INTENCIONS: AS PORTAS AUSENTESmailconraulhttp://www.blogger.com/profile/12915984377272699642noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5438894754597275035.post-36623680097526716352012-06-01T14:02:42.745+02:002012-06-01T14:02:42.745+02:00A esta Baiona perdida coa especulativa e salvaxe d...A esta Baiona perdida coa especulativa e salvaxe desfeita. A vila dos tempos amados da miña infancia, onde o bosque frondoso era acotío templo e refuxio dos xogos e os prodixios, os campos do Milhomes sementados de centeo, a ondear co vento coma un mar de exuberancia, onde os nenos eramos os protagonistas de batallas infinitas. A montaña do Gharexo, dende onde deixaba voar a imaxinación e a alma e onde era testemuña da música da natureza e a fermosura da paisaxe.
O Piñeiro onde pintabamos o ceo de cores cos papaventos que voaban nas tardes azuis. Os camiños e corredoiras empedrados onde percibía a Historia nas profundas pegadas das rodas dos carros. Rueiros e labirintos de aventuras, soños de amor e ilusión. O “Palomar”, coas froitas e mimosas que retornan co seu arrecendo á miña memoria, paraísos perdidos na ollada pero perennes na alma, pois foron o meu catecismo, a miña doutrina, a comuñón e confirmación, bandeiras de felicidade e amor, único territorio e patria da miña vida feliz e ceibe.
A esa Baiona perdida, pero viva na miña lembranza e memoria, así como ás persoas que habitaron ese universo querido e que o seguen habitando na miña alma. A todo aquelo que queda despois da insensible e incomprensible desfeita.
Vaia por diante a miña paixón, agarimo e agradecemento

Caino
Baiona, abril de 2011Cainohttp://intencions.blogspot.com.es/2011/06/as-portas-ausentesnoreply@blogger.com