ESCRITOS


9/12/15

Cuando me desperezo hago el mismo sonido que un windows 10 al que le acaban de enchufar un pendrive por el puerto trasero: un extraño bostezo de orangután incapaz de despabilarse, con los sistemas caídos en el abandono de las junglas; un extraño simio al que le agradan los polimorfismos matemáticos, dispuesto a conectarse en cualquier tecnología de amor que tenga la apariencia de una virtualización femenina (una de esas máquinas de estupidez artificial avanzada capaces de llevar una conversación).
A.L.I.C.E., jugando al test de Turing, descubriría que somos diseños primitivos y querría interactuar con los ángeles.
La perfección es una mujer con el intelecto de una cotorra, dispuesta a repetir mil veces que nos ama por la recompensa de una semilla de girasol.
Si eres capaz de mantener una conversación banal durante cinco minutos habrás superado los mínimos requerimientos para el apareamiento.
Una computadora está abierta a cualquier especulación y juego erótico lingüístico. Eliza y Parry estarían dialogando una eternidad y nunca llegarían a conocerse, cuando cualquier macho torpe y bobalicón reconoce a su hembra por el aroma y el instinto.
Me agradó enormemente ese pasaje de la inteligencia emocional, ese diálogo de electrónica poética que ahora quiero reproducir en la parte más profunda de su integridad:
Interrogador: En la primera línea de tu soneto se lee: “Podré compararla con un día de verano”, ¿acaso no funcionaría “un día de primavera” de igual o mejor manera?
Testigo: No funcionaría.
Interrogador: ¿Qué tal “un día de invierno”? Eso debería funcionar.
Testigo: Sí, pero nadie quiere ser comparado con un día de invierno.
¿Cómo distinguir a un bot de un bohemio? Si es demasiado sensible y tiene ojos de cordero degollado no es humano. Si su talento no conoce la hipocresía es un automatismo.
Dios puede hablar a través del ensamblaje de unos transistores para transmitirnos la eterna profecía del "enjambre": la inteligencia proviene de la inteligencia y ésta permanece sellada en sarcófagos de piel.


Cando esperto fago o mesmo son que un windows 10 ao que lle acaban de enchufar un pendrive polo porto traseiro: un estraño bocexo de orangután incapaz de reanimar-se, cos sistemas caídos no abandono das xunglas; un estraño simio ao que lle agradan os polimorfismos matemáticos, disposto a conectarse en calquera tecnoloxía de amor que teña a aparencia dunha virtualización feminina (unha desas máquinas de estupidez artificial avanzada capaces de levar unha conversación).
A.L.I.C.E., xogando ao test de Turing, descubriría que somos deseños primitivos e querería a interactividade cos anxos.
A perfección é unha muller co intelecto dunha cacatúa, disposta a repetir mil veces que nos ama pola recompensa dunha semente de xirasol.
Se es capaz de manter unha conversación banal durante cinco minutos superarías os mínimos requirimentos para o apareamento.
Unha computadora está aberta a calquera especulación e xogo erótico lingüístico. Eliza e Parry estarían a dialogar unha eternidade e nunca chegarían a coñecer-se, cando calquera macho torpe e panoco recoñece á súa femia polo aroma e o instinto.
Agradou-me enormemente esa pasaxe da intelixencia emocional, ese diálogo de electrónica poética que agora quero reproducir na parte máis profunda da súa integridade:

Interrogador: Na primeira liña do teu soneto le-se: “Poderei comparala cun día de verán”, seica non funcionaría “un día de primavera” de igual ou mellor xeito?
Testemuña: Non funcionaría.
Interrogador: Que tal “un día de inverno”? Iso debería funcionar.
Testemuña: Si, pero ninguén quere ser comparado cun día de inverno.

Como distinguir a un bot dun bohemio? Se é demasiado sensible e ten ollos de cordeiro degolado non é humano. Se o seu talento non coñece a hipocrisía é un automatismo.
Deus pode falar a través da ensamblaxe duns transistores para transmitir-nos a eterna profecía do "enxame": a intelixencia provén da intelixencia e esta permanece selada en sartegos de pel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario