Archivos del blog

Amnesia de colores

En el recogimiento de las sábanas buscaremos peces y un naufragio. En tu cabello ensortijado, esqueletos de animales marinos y una pata de cangrejo. Aún hueles a mortificación y a fornicación completa. La golondrina en los pezones y la lengua en el bivalvo. ¿Una mariscada digna de un mariscal para llegar al arrepentimiento de los mercenarios? ¿Es la náusea que produce este dolor de estrellas?
Una morbosa atracción adopta la forma de una ilusión, los ángulos de un hombre, las curvas del diluvio. ¿De qué sirve anillar palomas cuando todo es un jolgorio de ratas? ¿Grácil alba, alba nueva, quién deglutió las pepitas de tu corazón, quién hizo de tu avaricia el vértigo de la rosa?



No recollemento das sabas buscaremos peixes e un naufraxio. No teu cabelo ensortellado, esqueletos de animais mariños e unha pata de cangrexo. Aínda cheiras a mortificación e a fornicación completa. A andoriña nas mamilas e a lingua no bivalvo. Unha mariscada digna dun mariscal para chegar ao arrepentimento dos mercenarios? É a náusea que produce esta dor de estrelas?
Unha morbosa atracción adopta a forma dunha fantasía, os ángulos dun home,  as curvas do diluvio. De que serve anelar pombas cando todo é unha algueirada de ratas? Grácil alba, alba nova, quen deglutiu as pebidas do teu corazón, quen fixo da túa avaricia a vertixe da rosa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario